Benvida do Decano.

 O Ilustre Colexio de Procuradores da Coruña, quixo aproveitar o soporte vangardista que ofrece internet, a aposta máis decidida pola tecnoloxía, parar mostrarlles o noso Colexio.

   Con iso, quérese poñer a disposición de todos os usuarios, Procuradores e cidadáns, información relacionada con este Colexio, destacando, entre outras, a referente ás súas actividades, ámbito territorial, historia, directorios de tribunais, partidos xudiciais e Procuradores , funcións da nosa profesión ,requisitos requiridos para o seu  acceso, servizo de quenda de oficio, asistencia xurídica gratuíta , e  gardas de Procuradores en materia de violencia sobre a muller, xuízos rápidos penais , etc? Así mesmo ofrécese un sistema de información sobre o servizo de depósitos de mobles embargados que instaurou este Colexio no exercicio 2002, servizo de poxas por entidade especializada,  designación inmediata de Procurador on-line para a quenda de oficio e asistencia xurídica gratuíta, ferramentas de traballo e diferentes  servizos e información a disposición dos colexiados , un sistema de ligazóns para acceder a toda aquela información relacionada co noso ordenamento xurídico e ámbito profesional , esperando recibir a través do noso correo electrónico as propostas ou suxestións que se consideran necesarias.

 


   Constitúe esta páxina  un medio eficaz e áxil de poñer ao alcance de todos, sexan ou non xuristas, unha información que poida ser de utilidade, nunha etapa como a actual en que prevalece a comunicación e o seu rápido logro tanto se valora.
 
 
   Se a información que proporcionamos cumpre o seu labor, darémonos por satisfeitos todos quen integro esta xa secular Corporación de contribuír a realizar un dos obxectivos da función social que nos incumbe desenvolver.

 

 

 

 

 


D. Javier Carlos Sánchez García.

CONTACTO

 

 

CALLE BOLIVIA Nº 6, 2º

CODIGO POSTAL 15004

A CORUÑA.

 

TLF:  +34 981 160 090

 

FAx:  +34 981 160 091

 

Movil: +34 606 292 821

 

HORARIO:Lunes a Viernes de 8:00-15:00

 

​Facebook

  • w-facebook

© 2014-2019  Ilustre Colegio de Procuradores de  A Coruña.